top of page
DSC_0083.JPG

Dumia, o noso pobo

Dumia é unha pequena aldea da parroquia de Santo Tomé de Cancelada pertencete ó concello de Cervantes (Lugo).

Está situado a uns 4 kilómetros da capital do municipio, San Román de Cervantes.

Esta fermosa aldea esta composta de dous barrios. Cada barrio conta coa sua propia fonte de auga.

Un dos barrios conta con 7 casa habitadas e a capela de San Antón e a Virxe das Neves. Tamén está neste barrio unha casa señorial (en estado de abandono) con dous escudos de orixe no século XII. O outro dos barrios, é mais grande e ten mais casas, actualmente conta con 10 casas e outras 2 totalmente deterioradas.

En Dumia celébranse festas tradicionais: o 17 de xaneiro na honra de San Antón Abade (o que coincide coa dedicación da capela) e o 5 de agosto na honra de Santa María das Neves.

O nome de "Dumia" ten orixe prerromana, e pode relacionarse co celta *dumi̯o- 'monte', con paralelo no irlandés antigo dumae ‘monte, outeiro’, e quizais relacionado con Domaio, parroquia en Moaña onde está o monte Faro.

bottom of page