top of page

Tiro ó Prato Dumia

A recuperación dunha tirada ó prato que se celebraba en Dumia.  Despois de mais de dez anos sen realizarse debido o gran despoboamento da zona, no 2024 decídese retomar a organización de este evento.   Este tipo de prácticas deportivas e sociais, tiñan gran importancia e afluencia de xente no pasado, xa que se celebraban con anterioridade as festas veciñais, para deste xeito recadar fondos e tamén xuntarse co motivo da organización das festas das aldeas.  A veciñanza sempre falou con moita morriña e bo recordo destas tiradas ó prato que hoxe en día están case extinguidas, xa que era un momento de xuntanza, o que permitía unha práctica deportiva en comunidade, o coidado do medio ambiente así como tamén a asistencia ó lugar de xente de fora da contorna.  É por iso que dende o 2024 se retomou a organización de este evento, celebrándoo a última finde semana do mes de xuño.

A actividade da tirada ó prato lévase a cabo no monte comunal da aldea de Dumia, na parroquia de Santo Tomé de Cancelada do concello de Cervantes. 

Tras a celebración deste evento dende o 2024 podemos afirmar a gran asistencia de público de todo o territorio nacional e portugués.  Cóntanse con valiosos premios para atraer a máxima de xente posible.

Todo isto fai que se ofreza un servizo único no concello, ao que acude incluso xente que nunca visitou o lugar, de maneira que se contribúe a darlle mais vida a zona, á vez que se difunde a cultura e patrimonio, a práctica deportiva en comunidade e o coidado do medio ambiente.

images.jpg

Visita o noso facebook para ver as novidades

Síguenos en facebook e mantente ó dia de tódalas novidades, fotos, vídeos, etc

  • Facebook
bottom of page