top of page
Festas
As festas tradicionais do noso pobo son o día 17 de Xaneiro en honra a San Antón Abade e o 5 de Agosto en honra a Santa María das Neves

Na festa que mais xente nos xuntamos é na da Virxe das Neves, que celebramos o sábado da segunda fin de semana do mes de agosto, aproveitamos que moitos emigrantes retornan ó noso pobo para xuntarnos, facer unha comida, participar en xogos e concursos tradicionais, botar uns contos e compartir un día de festa rachada entre todos.
Polo San Antón, no mes de xaneiro, adoitamos facer unha misa, onde tamén nos xuntamos bastante xente da contorna.
bottom of page