top of page

Día Internacional das Reservas da Biosfera

  • 23 nov 2025
  • 1 min de lectura

O 3 de novembro, celébrase o día internacional das Reservas da Biosfera.


Hoxe conmemoramos o valor das Reservas da Biosfera como espazos onde a natureza, a cultura e o desenvolvemento sostible conviven en equilibrio.



Neste día, reafirmamos o noso compromiso coa preservación das nosas costumes e tradicións, transmitidas de xeración en xeración como parte esencial da nosa identidade, e compartindo historias que nos enchen de orgullo e ledicia



Valoramos e promovemos o coidado do medio ambiente, conscientes de que a súa protección garante un futuro sostible, porque entendemos que o noso futuro reside en cada árbore, cada río e cada paisaxe.



E traballamos cada día para manter vivo o noso rural, promovendo actividades que melloren a calidade de vida da nosa xente, as oportunidades e o arraigo da veciñanza.



Estas fotos pertencen a nosa festa patronal, que celebramos en agosto.



As Reservas da Biosfera representan o esforzo colectivo das comunidades para conservar o seu entorno e avanzar cara a un desenvolvemento máis xusto e equilibrado. As Reservas da Biosfera son moito máis que espazos naturais: son fogar, raíces e esperanza.





 
 
 

Comentarios


bottom of page